A mañá deste domingo 13 de setembro comeza no Barco ao ritmo da Charanga Bicoia. A partir das 11:30h. iniciaba un pasarrúas pola vila enchendo de son cada recuncho. Con ela encetábase o programa cultural “O Cristo” previsto para esta xornada que estará marcada pola música, pero tamén polo teatro.
Fotos: A.R.