A Consellería de Sanidade vén de confimar o falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 66 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra; dunha muller de 91 anos e dun home de 81 anos, ambos ingresados no Hospital de Verín; e dunha muller de 90 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Todas elas presentaban patoloxías previas.