Repítense as cifras de casos activos nos centros educativos do Barco: un total de seis, segundo os datos comunicados neste 4 de novembro pola Xunta. Así o IES Martaguisela ten 1 positivo, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo 1.
Por outra banda, desaparece do listado o CEIP do Bolo, que tiña un positivo, quedando deste xeito libre de virus.
Ademais, o IES Xermán Ancochea de Trives rexistra 1, positivo, un menos que onte.
Finamente, o IES de Quiroga continúa con dous casos activos de Covid.