Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra vén de emitirse un comunicado de apoio ao sector hostaleiro. No seu texto este órgano rector indica que “as medidas anunciadas o pasado 4 de novembro para o control do Covid-19 en Galicia supoñen, entre outras, novas limitacións para o sector da hostalería e a restauración. Os establecementos do sector están obrigados a peche de actividade, permitindo a entrega a domicilio ou a súa recollida no local para consumo a domicilio”.
Neste senso, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra “manifesta o seu apoio ao sector da hostalería e restauración, nestes momentos de crise sanitaria onde se ven enfrontados a un novo peche nun sector interdependente co sector do viño”.
O seu presidente, José Manuel Rodríguez, amosa o seu “apoio e ánimo para o sector neste momento de crise global. O sector do viño somos un sector partícipe do sector da restauración e solidarizámonos con el. É un sector moi unido a nós e en momentos tan complicados necesitamos da colaboración de todos”