O concelleiro do goberno municipal no Concello de Ourense, Telmo Ucha, gardará corentena e desenvolverá as súas funcións a través de teletraballo durante os próximos días, logo de que no mediodía deste domingo 31 de xaneiro, desde a Consellería de Sanidade lle comunicasen que resultou positivo por Covid-19 nun test realizado no día de onte.
Tal como explican dende o Concello, tras presentar síntomas (febre alta), Telmo Ucha realizara a PCR e o test de antíxenos a pasada fin de semana e “ambas deran resultado negativo”. Así, durante a semana acodiu ao Concello a traballar “sempre gardando as medidas de seguridade e protección definidas na normativa vixente, e utilizando sempre a máscara”, puntualizan.
Logo de coñecer os resultados da proba realizada onte, Ucha gardará a corentena polos días que lle indiquen as autoridades sanitarias