SanidadeÚltima hora

Falecen oito persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 2 delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecementos nas últimas horas de oito persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 77 anos e dunha muller de 85 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que falecían o venres 19 de febreiro.

Ese mesmo día perdían a vida en Galicia outras cinco persoas: unha muller de 77 anos no CHUS, unha muller de 87 anos no CHOP, unha muller de 96 anos e un home de 89 anos no CHUAC e un home de 84 anos no CHUF. Ademais Sanidade informa do falecemento neste 20 de febreiro dun home de 86 no CHOP.

Todas as persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button