A escasos 200 metros do lugar no que esta madrugada se saía da estrada en Vilamartín de Valdeorras un camión que transportaba lousa, tiña lugar arredor das 10h. outro accicente. Nel víanse implicadas dúas furgonetas, tal e como informa o 112 Galicia.
“O coñecido efecto mirón parece ser a causa deste novo accidente, que consistiu nunha colisión, sen danos persoais, entre dúas furgonetas cuxos condutores quedaron mirando para o vehículo que esta mañanciña bateu contra o peche dunha casa”, tal e como comunica o 112 Galicia e “segundo indicaron os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín”.