Detense o descenso da curva do coronavirus no Barco. Este municipio rexistra un total 14 casos activos de Covid-19, 2 máis que onte, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 24 de febreiro.
En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes soben levemente a 12, 1 máis que onte. Aínda así, a incidencia acumulada para o concello mantense en >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.