Esta mañá o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibía no Pazo Provincial ao músico ourensán Antonio Luz, quen está a desenvolver un proxecto de reivindicación do mundo rural a través da música en galego.
A iniciativa, que combina música e produción audiovisual para pór en valor o territorio, contará co apoio da institución provincial, e levará por título “O paraíso das airas”.