O ciclo de conferencias que vén desenvolvendo en novembro a Biblioteca Pública Municipal de Verín completarase o 20 de novembro da man de Felipe Lubián, mestre de profesión e actualmente alcalde do concello zamorano de Lubián. A súa charla está prevista para ás sete e media da tarde e levará por título “Ser zamorano e falar galego”.
Felipe Lubián foi e continúa sendo un defensor da lingua galega nos territorios da Galicia histórica. É membro correspondente da Real Academia Galega dende o 2004, escritor, “gran defensor do rural zamorano, ten participado como conferenciante desde hai máis de trinta anos en xornadas e congresos sobre a lingua galega organizados pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Consello da Cultura Galega, as Universidades de Vigo e Santiago e outros entes culturais”, tal e como se destaca dende a Biblioteca Municipal de Verín.
O conferenciante estará acompañado polo o etnógrafo José Rodríguez Cruz, natural da Gudiña.