ConcellosO BarcoÚltima hora

Valdeorras chega a 28 casos activos de Covid, tras 5 novos positivos no Barco

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Volven subir os casos activos de Covid en Valdeorras. A comarca rexistra 28 positivos na xornada deste mércores 26 de maio, 5 máis que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

No caso do Barco de Valdeorras hai 24 casos activos, 5 máis que onte, cunha incidencia acumulada para este concello a sete días está en >25 e ≤75. Esta incidencia mantense en >150 e ≤250 a catorce días.

A Rúa, pola súa banda, continúa con 3 positivos e Vilamartín de Valdeorras mantén 1 positivo. Ademais, nesta xornada Rubiá, que ata onte rexistraba 1 positivo, agora queda libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button