O alumnado das Escolas de Música de Viana do Bolo despedía o curso con actuacións ao aire libre na vila na pasada fin de semana. Para o día 25 estaba previsto un pasarrúas de gaitas e saxofóns con saída dende a rotonda do Boteiro e que concluirá na praza Maior.
E xa o sábado 26 de xuño ás 20:30h. tiña lugar un concerto de guitarra na Praza Maior da vila con moi diversas actuacións, tal e como pode comprobarse nesta galería de fotos.
Fotos: Ares Pérez.