
Nova xornada de aumento nas cifras do Covid en Valdeorras. A comarca rexistra neste sábado 17 de xullo un total de 163 casos activos, o que supón 29 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. do 16 de xullo.
No Barco son 150 os positivos, o que significa un ascenso de 11 casos con respecto á xornada de onte. Tamén sobe o número de casos activos en Vilamartín que suma 11, 2 máis que onte, e en Rubiá que pasa de 5 a 6 positivos, é dicir, 1 máis que onte.
No resto de concellos da comarca mantéñense as cifras de onte: Petín ten 1 positivo, A Rúa 4, A Veiga 2 e en Carballeda 3. O resto de municipios valdeorreses non rexistra ningún positivo.
No conxunto da provincia de Ourense son 1.778 os pacientes con infección activa, segundo Sanidade, o que supón 161 máis que comunicados onte.



