Volve medrar a curva do Covid en Valdeorras. Así, a comarca rexistra neste mércores 21 de xullo un total de 219 casos activos, o que supón 5 máis que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.
No Barco son 178 os positivos, o que significa un ascenso de 2 casos con respecto á xornada de onte. Tamén medra o número de casos activos en Vilamartín que rexistra 14 positivos, 1 máis que onte; o mesmo que en Carballeda de Valdeorras que sobe a 5 positivos, 2 máis que onte. Así mesmo, Larouco, que ata o de agora estaba libre de virus, agora ten 1 positivo.
Mantéñense as cifras de onte na Rúa que rexistra 10 positivos, na Veiga con 4 e en Petín con 2. No caso de Rubiá prodúcese un descenso ao contabilizar 5, 1 menos que onte.