Na reunión mantida na mañá deste mércores 18 de agosto, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciáballe ao presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González, que o Concello aumentará a partida nominativa que recibe actualmente o club, ao ser un dos oito clubs que integren, na tempada 2021/2022, a División de Honra Absoluta.
“A idea do aumento da axuda que percibe o club”, argumenta o rexedor, “é que as súas cotas sexan máis accesibles para a rapazada de Ourense”. Así, xunto a outras iniciativas de difusión desta disciplina, tentaranse espallar as bondades desta práctica deportiva, ao tempo que se pon en valor a dedicación dos nosos representantes.
Pérez Jácome interesouse tamén pola implantación do xadrez dentro do currículo estudantil en Galicia. Actualmente é unha materia optativa.