A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital de Monforte de Lemos. Trátase dunha muller de 89 anos que falecía o 2 de setembro.
Ese mesmo día tamén perdía a vida un home de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.