CulturaCulturaÚltima hora

“República, Guerra Civil e represión en Valdeorras”, nova charla do ciclo de Valdeorras Infinda na Coruña

Será este mércores, 22 de setembro, ás 19:30h., no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña

 

Continúa o calendario de actividades do “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica”, promovido polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña.

A segunda palestra deste programa leva o título de “República, Guerra Civil e represión en Valdeorras” e correrá a cargo do historiador barquense Félix García Yáñez. Será este mércores, 22 de setembro, ás 19:30h., no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.

O conferenciante afondará na resistencia ao golpe de 1936 en Valdeorras, unha comarca cunha gran implantación do sindicalismo agrario. Entre outra cuestións abordará o forte movimento guerrilleiro.

Licenciado en Historia Contemporanea, doutorando pola Universidade Popeu i Fabra de Barcelona, García Yáñez é membro do Ateneo Republicano de Valdeorras, ademais de autor, entre outros, da obra “O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931- 1977)”.

Artigos relacionados

Back to top button