A VeigaConcellosÚltima hora

A I Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca, en imaxes

 

Intensa fin de semana de actividades na Veiga no marco da súa I Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca, cun variado e completo programa de propostas pensado para todos os públicos e que xiraba en torno á gandería e a agricultura, cun apartado especial para os oficios tradicionais.

 

 

O Inorde colaboraba con esta iniciativa, promovida polo Concello, e participaba cun stand con presenza das catro razas autóctonas galegas (cabra galega, ovella galega, porco celta e pita de mos), así como o Centro Agrogandeiro que daba a coñecer as distintas actividades que alí se desenvolven para achegar ao público asistente o traballo que realiza este organismo a prol do sector primario da provincia.

 

 

 

Tamén podían verse exemplares de ganaderías da zona, tanto da Veiga como doutros concellos veciños como o de Viana do Bolo. Ademais, dentro dos stands da mostra podían mercarse diversos produtos do oriente ourensán como mel, pan, fariña de castaña, licores, etc.

Fotos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button