O restaurante Fernando III acollía na noite do 4 de febreiro unha multitudinaria cea de comadres. Unhas 50 mulleres (do Barco, Vilamartín e incluso Ponferrada), dábanse cita o xoves de Comadres para disfrutar da noite.
Unhas disfrazadas, outras non, pero todas cunhas antenas na cabeza (detalle carnavalesco), as asistentes celebraron a tradicional noite de mulleres nun Entroido que no Barco ten o acto central o martes 9 de febreiro co desfile polo centro da vila ata a praza Maior.
Fotos: Mónica G. Bellver