OurenseÚltima hora

Nova caída por un terraplén, esta vez en Muíños

 

Sobre as dúas desta madrugada, o 112 Galicia tiña constancia dun accidente no concello de Muíños (Ourense). Un turismo que circulaba á altura de Barxés, en Taboadela, despois de saírse da vía precipitouse por un desnivel e envorcou.

“A mesma condutora foi quen pediu axuda ao 112 Galicia, posto que, non era capaz de saír do interior do vehículo. Así, os xestores do 112 pasaron aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros do GES de Muíños e á Garda Civil de Tráfico”, sinalan dende o 112 Galicia.

Unha vez no punto, “os membros do GES axudaron a saír do coche á condutora, que non podía abrir as portas do vehículo debido á maleza que había no lugar. Segundo indicaron, afortunadamente, a muller atopábase ben, aínda que, igualmente, foi trasladada ao centro sanitario de referencia”, informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button