Con moita ilusión e gardando estritamente as medidas anticovid, Viana do Bolo recuperará o vindeiro 14 de novembro o seu magosto popular. Será a partir das 19h. no campo da feira.
Os protagonistas, como non podería ser doutro xeito, serán os bullotes, pero tamén haberá bolos preñados, bica e viño, ademais de auga, refrescos, queimada e moita festa, neste caso ao son dunha charanga. Para poder asistir haberá unha entrada cun donativo de 3 euros.
Ao remate da festa procederase ao sorteo dunha cesta con produtos de outono entre as persoas que adquiran a entrada.
O magosto será organizado polo Concello de Viana do Bolo en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais Bibei.
Foto cedida.