ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O recendo do magosto envolve Viloira (O Barco)

 

O son das bombas daba o sinal. Tralo parón do ano pasado provocado pola pandemia do Covid 19, na tarde deste xoves 11 de novembro volía o Magosto a Viloira, no Barco de Valdeorras

Así, dende as sete da tarde a praza acollía esta tradicional celebración popular na que se serviron as castañas asadas in situ a todos os asistentes (uns 450 kg), ademais de viño (uns 300 litros) seguindo estritas medidas sanitarias. O apartado musical correu por conta do grupo de cantos de taberna da Asociación Cultural Abertal.

A celebración do San Martiño terá continuidade no Barco na fin de semana, con dúas actuacións musicais na praza Andrés de Prada: Susana Seivane actuará o 12 de novembro ás 20:30 horas; e o grupo Tanxugueiras á mesma hora o sábado 13 de novembro.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button