
A partir do luns 15 de novembro retomaranse as obras de asfaltado da travesía da N-536 ao seu paso polo Barco, a coñecida como estrada xeral. Os traballos comezaban o pasado mércores e chegaban ata o cruce da avenida Conde Fenosa coa rúa Ourense.
A partir de agora o asfaltado continuará polo resto de Conde Fenosa, despois por Marcelino Suárez e finalmente en Manuel Quiroga. Esta actuación tamén implicará certas limitacións para os vehículos que circulen pola zona na que se estea traballando e tamén a prohibición de aparcar. De feito, en Conde Fenosa colacábanse carteis informando da prohibición de aparcar a partir do 15 de novembro, así como valos nas zonas de aparcamento indicando esta prohibición.
