DeportesFútbolÚltima hora

Os fundadores do C.D. Córgomo Vilamartín presentan o proxecto aos veciños

O novo club de fútbol valdeorrés está preparado para competir na tempada 2022/2023

Presentación do C.D. Córgomo Vilamartín na Casa do Pobo de Córgomo./ Foto cedida.

 

Da man de cinco mozos con experiencia futbolística na comarca de Valdorras, cansados do modelo de club actual e con ganas de formar un innovador, adaptado aos novos tempos, nace o C.D. Córgomo Vilamartín. Un equipo de fútbol que comezará a súa andadura no verán, na tempada 2022/2023, en principio no campo de fútbol de Vilamartín pero coa idea de “lograr a homologación na segunda tempada no campo de Córgomo”.

A través da ciencia do deporte e combinando xuventude con seriedade e paixón, os fundadores do novo club decidíanse a dar o paso para aumentar a oferta deportiva dunha comarca que conta con máis de 25.000 habitantes e só ten dous equipos federados, estando convencidos de que, entre outros moitos obxectivos, conseguirán “dar publicidade ao pobo, promocionar un estilo de vida saudable e lograr a unión e a integración social”.

Un proxecto moi bonito que na tarde deste sábado 5 de febreiro presentaban aos veciños de Córgomo, na Casa do Pobo. “Xa nos reunimos coa corporación municipal de Vilamartín e contamos co seu apoio e hoxe quixemos achegarnos ata Córgomo para que souberan o que estamos facendo e a idea que temos”, explica Jorge Guitián, fundador do club xunto a Pablo e Alberto Conde, Iván Vedo e Santi Real. “Témolo todo preparado e aínda que o prazo está aberto ata xuño, xa pensamos inscribir agora o club”, puntualiza Jorge.

Máis información sobre este novo club, na vindeira edición de O Sil Deportivo.

 

Os fundadores do novo club de fútbol son: Pablo e Alberto Conde, Iván Vedo, Santi Real e Jorge Guitián./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button