A veciñanza de San Román de Acedre (parroquia de Acedre, no concello lucense de Pantón) tiña o sábado 25 de xuño unha cita moi especial. Preto de 90 persoas se reunían en torno á mesa no local social, engalanado para a ocasión, para celebrar o aniversario de Santiago, un veciño que vén de cumprir 83 anos. Non faltaban os cantos, as felicitacións e, por suposto, as tartas para festexar esta data.
Fotos cedidas.