Desolación, impotencia, rabia, tristeza,… Son algúns dos sentimentos que asaltan vendo os efectos do incendio.
O de Valdeorras, que se iniciaba o xoves 14 de xullo e leva queimadas unhas 9.000 hectáreas nos municipios de Rubiá, O Barco e Carballeda de Valdeorras segue activo, deixando ao seu paso edificacións ardidas e desoladoras paisaxes.
Un exemplo témolo na Medua, no termo muncipal de Carballeda onde á parte dun par de casas (unha delas habitada e a outra pechada) e dúas palleiras, segundo confirmaban a este medio de comunicación os veciños, ardían zonas de castiñeiros próximas a esta localidade, ante a desolación dos veciños, producíndose numerosos danos en fincas.
O propietario dun dos soutos de castiñeiros queimados, algúns de recente plantación, asegura que varias das fincas da contorna estaban sen desbrozar.
Fotos cedidas.