CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Verín, un ano máis entre as mellores de España

O Ministerio de Cultura outorgoulle o premio María Moliner, onde obtivo unha das puntuacións máis altas de todo o país e. A institución foi premiada con 2777,77 euros e non puido optar á cantidade máis alta ao ter gañado en anos recentes

Voluntarios da Biblioteca de Verín./ Cedida.

 

A Biblioteca municipal de Verín vén de recibir o premio María Moliner de proxectos de animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes. O proxecto “Voluntariado Cultural: Rapaces/as que prestan o seu tempo para fomentar a lectura” conseguiu unha das puntuacións máis altas de todo o país nos galardóns, organizados polo Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Verín leva anos colocándose entre os primeiros postos deste concurso ao que, nesta ocasión, se presentaron 547 proxectos de toda España, resultando premiados un total de 370. Nesta ocasión, o premio inclúe unha cantidade de 2777,77 euros, cartos que irán destinados, como noutras ocasións, a mellorar aínda máis o servizo e as instalacións da biblioteca municipal: compra de material, libros, etc.

Desde a biblioteca municipal explicaron que Verín “podería ter acadado unha vez máis o galardón especial ás dez mellores, mais as bases exclúen aos gañadores de anos anteriores de volver a levar a cantidade máis alta”.

Pola súa banda, o concello quixo felicitar ao equipo de profesionais da biblioteca municipal polo seu “excelente labor e traballo”, que volve ser unha vez máis recoñecido. “Un auténtico orgullo para os e as verineses”, celebra Emilia Somoza.

Proxecto de Voluntariado Cultural

O proxecto xurdiu hai trece anos e converteu á biblioteca nun referente cultural para a localidade. Realízase actividades moi variadas, desde conferencias e exposicións ata o lúdico “bibliopiscina” no verán, e todo da man de voluntarios. Destaca tamén o afán de integración social e a colaboración con Portugal.

Artigos relacionados

Back to top button