Na noite deste venres 29 de xullo producíase un incendio nunha vivenda na localidade de Santa Cruz, no concello de O Bolo, que produxo considerables danos materiais, afectando a varios mobles no interior así como á instalación eléctrica, sen que se rexistraran daños persoais xa que nese momento non se atopaba ninguén na vivenda aínda que si está habitada.
Segundo informan dende o 112 Galicia, os feitos producíanse uns minutos antes das 23:30 horas, sendo un particular quen alertaba do incendio.
Ata o lugar desprazábanse efectivos de Protección Civil de O Bolo, dos Bomberos de Valdeorras, do GES da Veiga, da Garda Civil e por precaución, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Medios que se retiraban en torno á 1 da madrugada.