
Continúa activo o incendio que se iniciaba na parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) ás 13:59h. desta tarde. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural, o incendio afecta a unha superficie estimada dunhas 120 hectáreas pasadas as 22h.
Na extinción deste lume están a traballar 3 axentes, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 7 avións e 7 helicópteros.



