De Ourense á Estrada, pasando polo Barco de Valdeorras. A compañía de teatro Yllana regresa aos escenarios galegos cun novo espectáculo xestual e de efectos visuais que xoga co formato televisivo da alta cociña.
“Ches” comeza a xira este mércores na Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense e ao día seguinte, xoves 28 de abril chegará ao Barco onde a función será ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo.
A través dun humor universal e cunha traxectoria profesional de 25 anos, Yllana achega esta divetida peza protagonizada por un chef de gran prestixio que tras perder a inspiración terá que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa que lles permita manter as estrelas do seu restaurante. Ao mesmo tempo, entre a competitividade que xurde entre cociñeiros, o público terá ocasión de percorrer diferentes facetas do mundo da cociña.