A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa Vella baila ao compás da orquestra Solara

Hoxe tocaralle o turno á orquestra Ritmo Joven que actuará en sesión de tarde e verbena

 

Con moito ritmo, ao compás da orquestra Solara, desfrutaban na Rúa Vella dunha nova xornada de festa na honra de San Roque.

Tras varios días de actividades para todos os públicos, o domingo 21 de agosto comezaba co pasarrúas da Banda de Música Santadega (que volvía actuar na sesión vermú e tamén pola tarde), seguida da procesión na que trasladaron a imaxe de das Roque dende a igrexa de Santo Estevo ata a capela.

 

 

E xa pola noite, o baile, tan animado coma sempre, corría a cargo da orquestra Solara que actuaba en sesión de tarde e tamén verbena.

As festas continúan hoxe, luns 22 de agosto, co pasarrúas da charanga Nova Terras de Trives, misa campestre diante da capela de San Roque (12h.) e sesión vermú coa charanga trivesa. Pola tarde, o baile correrá a cargo da orquestra Ritmo Joven en sesión de tarde (21h.) e verbena (01h.).

Fotos e vídeo Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button