ConcellosSan Xoán de RíoÚltima horaVídeos

San Xoán de Río, parada oficial da VII Concentración Mototurística A Curuxa

Os moteiros participantes nesta edición desfrutaron dunha suculenta pinchada nas piscinas municipais

 

Nesta fin de semana as motos volven ruxir con forza polos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, na VII Concentración Mototurística A Curuxa que regresaba con forza neste 2022 tralos dous anos de parón pola pandemia.

 

 

Así, dende o venres estanse sucedendo as actividades que conforman o programa, entre as que destacan as actuacións musicais, as exhibicións acrobáticas e por suposto as rutas turísticas. Neste apartado é salientable a colaboración do Concello de San Xoán de Río, o único ourensán deste evento lucense, na ruta oficial celebrada na mañá do sábado 27 de agosto con parada nas piscinas municipais onde os moteiros degustaron uns suculentos pinchos antes de continuar a xornada.

 

O evento mototurístico remata hoxe en Quiroga coa entrega de premios, sorteos e despedida.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button