Está claro que comer é un pracer e dende as comisións de festas están poñendo máis de moda que nunca as xuntanzas populares en torno a unha boa cea.
É o caso de Celavente (O Bolo) que nesta fin de semana celebra as festas na honra á Virxe dos Navallos cun programa que se abre hoxe cunha pancetada a partir das 20:30 horas. Haberá panceta, chourizo, pan e viño (menores de 7 anos gratis; de 7 a 12 anos 5 euros e o resto 10 euros). A cea estará amenizada pola disco-móbil La Catusa.
A festa continuará mañá, sábado 3 de setembro coa actuación do grupo Expresión e do grupo de gaitas Os Picaflores. Ás 17:30 horas haberá inchábeis para os nenos en Navallos.
A misa solemne será o xoves 8 de setembro co acompañamento do grupo de gaitas Os Picaflores.