Por todos é coñecida a gran afección que existe no oriente ourensán polo balón pé, tanto polo fútbol como polo fútbol sala, e así o demostran os proxectos deportivos que se están a poñen en marcha. Hai apenas un ano nacía en Valdeorras o CD Córgomo Vilamartín, equipo de fútbol con xente da zona que a vindeira semana comezará a competición na Segunda Galicia, e neste 2022 xurdía outro club, desta volta de fútbol sala nas terras de Viana.
Da unión de mozos de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso nace a Asociación Deportiva Intermunicipal Vianariño FS, co obxectivo de ptacticar o deporte que máis lles gusta na súa terra e de paso “darlle visibilidade á mesma”.
Este novo equipo de fútbol sala que está buscando socios patrocinadores, comezará a súa andadura na liga provincial de Ourense, xogando como local no Pavillón Municipal de Viana do Bolo e nalgúns partidos no de Vilariño de Conso.