ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Orixinal homenaxe ao viño, na igrexa de Santa Rita, no Barco

Por primeira vez realizouse a pisada das uvas e a ofrenda ao mosto, antes da misa deste domingo 11 se setembro

 

Tras dous anos de parón e con novo párroco, son varias as novidades do programa relixioso das Festas do Cristo 2022 no Barco de Valdeorras.

A primeira era a misa cantada coa que o Orfeón Valdeorrés abría a novena o pasado 5 de novembro; e a segunda tiña lugar na mañá  deste domingo 11 de setembro antes da misa en Santa Rita. Por primeira vez e en homenaxe ao viño, no adro da igrexa celebrábase o ritual da pisada de uvas que levaron a cabo una parella de nenos pequenos nunha tina. Co mosto resultante faríase unha ofrenda.

 

Pisando as uvas no adro da igrexa de Santa Rita.

 

Recollendo o mosto para a ofrenda.

 

Foi un acto orixinal e sinxelo seguido por numerosos fieis, aínda que tal como adiantou o párroco Jesús Álvarez, este ano foi unha demostración pero para o que vén ” faremos un concurso para maiores”, dixo, engadindo que esta primeira edición estivo adicada á Cooperativa Jesús Nazareno do Barco (que leva o nome do patrón da vila) e nos vindeiros estaráo a diferentes adegas da zona.

Fotos e vídeo cedidos.

https://studio.youtube.com/video/0xieMXlOAhw/edit

Artigos relacionados

Back to top button