ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

Destrozan as cabazas decoradas polos escolares de Viana e que se expoñían na praza Maior

 

Con motivo da celebración do Samaín, os escolares do CEIP Bibei de Viana do Bolo preparaban diversas cabazas xunto ás súas familias. Unha vez listas, expoñíanse un ano máis na praza Maior da vila no marco destas festas para compartilas con toda a veciñanza.

https://youtube.com/shorts/c_cGo7pvAuE?feature=share

 

Pero a acción dos vándalos durante a pasada noite truncaba o esforzo e ilusión da comunidade educativa, xa que destrozaban esas cabazas, que aparecían aplastadas e esparexidas polo chan da praza. Así pode comprobarse nestas fotos e vídeo. Unha auténtica mágoa e unhas imaxes que esta mañá provocaban a indignación da veciñanza.

Fotos cedidas.

Vídeo: Patricia García Diéguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button