En portadaÚltima hora

Batidas para buscar ao veciño de San Xulián (A Rúa), mañá e pasado ás 8:20h. á entrada do pobo

Marino Fernández Macías.

 

Corenta e oito horas despois da súa desaparición, Marino Fernández Macías (Moucho), veciño de San Xulián (A Rúa), segue sen aparecer. Por iso, a súa familia fai un chamamento a todos os voluntarios que queiran axudar a buscalo.

Para facer unha busca organizada “reunirémonos mañá sábado 12 de novembro e o domingo 13 no principio do pobo de San Xulián ás 8:20 da mañá”, din, agradecendo a colaboración de todas as personas implicadas para a súa busca.

“Grazas anticipadas”, din.

Fotos cedidas por FOTOGRAFÍA ÁLVARO PURRE.

Artigos relacionados

Back to top button