Multitude de persoas se reunían na tarde deste 11 de novembro na praza de Viloira (O Barco) para participar no magosto popular. Repartíanse castañas asadas en cornetos e tampouco faltaba o viño. Despois os asistentes podían situarse nunhas mesas situadas na mesma praza para degustar estes saborosos froitos de outono que se asaban in situ.
O ambiente estaba animado polo grupo tradicional Bandina Los Bierzones.
Fotos: A.R.