En menos de tres días o Centro de Deportes Barco anunciaba a baixa de Javi Rey e a incorporación de Edu Rodríguez como adestrador do primeiro equipo.
O pasado mércores a directiva do CD Barco informaba da partida, rumbo ao CD Arenteiro de 2ª RFEF, do ata ese momento adestrador vermello Javier Rey e hoxe, venres 25 de novembro anuncia a fichaxe do novo técnico. Edu Rodríguez (1993) ten experiencia en equipos como o Calasancio, o Lugo, o Lemos, ou a Sarriana e comezará a súa etapa no Barco o vindeiro luns.
Tal como adianta o presidente do club, Daniel Ramos, “seguiremos sen saír das directrices iniciais, con xente xove con fame á que se lle dá unha oportunidade no fútbol de categoría nacional”.