CulturaCulturaEn portadaÚltima hora

O arqueólogo vilamartinés Santiago Ferrer, elixido académico correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes

O arqueólogo vilamartinés Santiago Ferrer Sierra./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O arqueólogo vilamartinés Santiago Ferrer Sierra (1959) vén de ser elixido como un dos novos académicos correspondente na Real Academia Galega de Belas Artes. Así se acordaba na sesión ordinaria, previa ao pleno extraordinario que esta entidade celebraba o pasado sábado e no que resultaba reelixido como presidente da institución o pintor Manuel Quintana Martelo.

Tamén resultaba elixido como académico correspondente o investigador Juan Raúl López Naya (A Coruña, 1954), ao historiador de cine, catedrático de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do Centro de Estudos Fílmicos de la USC, José Luis Castro de Paz (A Coruña, 1964) e ao compositor Xavier de Paz López Nóvoa (A Coruña, 1963).

Artigos relacionados

Back to top button