O 112 Galicia vén de informar de que unha persoa resultaba ferida por corte esta mañá en Tonxil (Manzaneda) mentres cortaba leña cunha motoserra. “Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a mobilizarse un helicóptero medicalizado para evacuar ao ferido, aínda que sería trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, indica o 112 Galicia.
Ás 12 horas, o persoal dos servizos sanitarios comunicaba ao 112 Galicia que estaba mobilizando a aeronave medicalizada con base en Ourense. Sen embargo, a escasa visibilidade imposibilitou a aterraxe do helicóptero no punto do accidente, polo que o ferido foi finalmente evacuado en ambulancia.
Tamén interviñeron no operativo os axentes da Garda Civil e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda.