En Petín comezaron xa coa conta atrás para a celebración da XXI Festa da Freba que regresa neste 2022 tras dous anos de paréntese pola pandemia de Covid.
Será mañá a partir das 14:30 horas no entorno do Teleclub e para que a xente que fixo a súa reserva saiba onde debe sentarse e os que non, os espazos que quedan libres, o Concello vén de publicar un plano coa distrubución das mesas e os grupos que van en cada unha, así como a ubicación da discoteca móbil, o que facilitará moito a colocación.