CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa, o primeiro centro barquense no que se recuperan os “Camiños Escolares”

A policía local cos nenos na rúa Eulogio Fernández.

 

Co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar no ámbito educativo, conseguindo unha maior autonomía para os nenos (facendo que pouco a pouco teñan capacidade para ir e vir sós do colexio); e liberar o tráfico de vehículos a motor nas horas punta de entrada e saída dos centros escolares, nacía o programa “Camiños Escolares”.

Unha iniciativa do Concello do Barco coa colaboración da sección de Educación Viaria da Policía Local para os centros escolares do municipio que quedaba paralizada durante a pandemia e que se vén de recuperar. A fase de proba, na que participaron un grupo de estudantes do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, tiña lugar na tarde deste mércores 7 de decembro, acompañados unha policía local e un profesor.

Tal como explica a axente, a ruta que realizaron esta tarde é a vermella que parte da rúa Euloxio Fernández, pasando por Penas Forcadas e Lugo ata o colexio, adiantando que o Condesa de Fenosa é o primeiro centro no que se recupera o programa trala pandemia e que no resto, seguramente se faga xa para o ano que vén.

 

Os nenos que participan no programa, á chegada ao CEIP Condesa de Fenosa./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button