OurenseÚltima hora

Concerto solidario infantil a favor de Cruz Vermella, no Teatro Principal de Ourense

A recadación do espectáculo 'Bravas, o rexurdir da luz' ten como obxectivo contribuír ao proxecto “Infancia Hospitalizada”

Presentación do concerto solidario de CIE Galfor en colaboración coa Deputación Ourense e a Cruz Vermella de Ourense.

 

Esta tarde no Teatro Principal de Ourense terá lugara a partir das 18:30 horas, o concerto solidario infantil organizado e patrocinado pola empresa CIE Galfor coa colaboración da Deputación de Ourense -que cede o espazo cultural- e asistencia por invitación.

A presentación do espectáculo ‘Bravas, o rexurdir da luz’, da compañía Gramola Gominola, contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o presidente provincial da Cruz Vermella, Felipe Ferreiro; a coordinadora provincial de Xuventude de Cruz Vermella, Raquel Castro; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; e Yolanda Álvarez e Manuel Ribao por parte de CIE Galfor.

Este evento solidario para as familias dos traballadores da empresa ten como obxectivo contribuír ao proxecto “Infancia Hospitalizada”, implementado no CHUO pola Cruz Vermella.

Segundo resaltan dende Cruz Vermella Ourense, “o diagnóstico dunha enfermidade para os nenos e nenas conleva unha serie de desaxustes sociais, familiares, emocionais e educativos. O ingreso hospitalario supón entón un proceso de adaptación a un medio que para o neno ou nena é estraño: interaccionando nun espazo distinto, con normas, horarios e persoas diferentes”. Por iso, explican, “é fundamental incidir no seu desenvolvemento persoal a través de actividades ou actuacións enfocadas a crear un clima agradable e distendido mentres permanece a tratamento ingresado no complexo hospitalario”.

A actividades lúdicas implementadas a través de “Infancia Hospitalizada” teñen lugar na aula hospitalaria e inclúen animación, manualidades e expresión artística, xogos de mesa, videoxogos, realidade aumentada ou dramatización.

Artigos relacionados

Back to top button