O Clúster da Pizarra de Galicia e a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) veñen de emitir un comunicado no que manifestan o seu apoio conxunto aos traballadores que poderían verse afectados pola orde de lanzamento para desaloxar ás empresas Samaca, Irosa e a antiga Pizarras Trevinca dos terreos nos que se sitúan actualmente, no municipio de Carballeda de Valdeorras.
É unha “decisión xudicial que se produce a pedimento da Xunta de Montes de Portela-Trigal e que, de materializarse, deixaría sen emprego a unhas 300 persoas da comarca, o que incidiría negativamente na economía da zona resentindo, ademais, as vendas no comercio local”, sinalan dende estas dúas agrupacións que amosan “o seu total apoio aos empresarios afectados e cualifican de desproporcionada a reclamación exercida polos comuneiros da Xunta de Montes de Portela-Trigal”.
Ademais, ambas organizacións consideran “desafortunadas e inapropiadas” as declaracións efectuadas polo representante legal da comunidade aos medios de comunicación.
Máis información: