EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A Comunidade de Montes de Portela e Trigal di que se viu na obriga “de reclamar os seus dereitos ante os tribunais”

Sinala que é a propietaria "lexítima" dos terreos onde están as 3 empresas da lousa e que desexa chegar a acordos

 

Sobre orde emitida por un xulgado que obrigaría a tres empresas do sector da lousa (Irosa, Samaca e antiga PIzarras Trevinca) dos terreos que ocupan, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Portela e Trigal (Carballeda de Valdeorras) asegura nun comunicado que “é propietaria dos terreos que ocupan as Sociedades Irosa e Samaca, no Trigal, municipio de Carballeda de Valdeorras” e que ambas, xunto con Pizarras Trevinca SA (hoxe Irosa) tiveron arrendados os terreos que ocupan á citada comunidade “ata o 31 de decembro de 2014”.

Así mesmo, dende esta comunidade de montes asegúrase que esas empresas “negáronse reiteradamente a subscribir calquera tipo de contrato que lle permitise ocupar os terreos da Comunidade de Portela e Trigal. Continuando ocupando desde o 1 de xaneiro de 2015, un terreo gratuitamente” e di que “sempre estivo en disposición de arrendarlles a Samaca e Irosa os terreos que ocupa, nas mesmas condicións que a outras empresas do sector da lousa que teñen arrendados terreos no mesmo lugar”, pero “o seu representante legal negouse”.

Neste senso, a Comunidade de Montes de Portela e Trigal indica que se viu “na necesidade e obrigación de reclamar os dereitos que lle corresponden ante os Tribunais de Xustiza, tendo resolto ao seu favor todas as instancias (Barco de Valdeorras, Ourense e o Tribunal Supremo de Madrid). Irosa e Samaca recorreu todas as resolucións”. Conta tamén a comunidade que leva “8 anos de peregrinaxe xudicial”, tras os cales o Xulgado de Primeira Instancia do Barco de Valdeorras, sinalou a data do día 1 de marzo para levar a cabo o lanzamento de Samaca e os terreos ocupados pola antiga Pizarras Trevinca “ao non caber máis recursos dilatorios contra as resolucións dos Tribunais. A Comunidade de Montes de Portela e Trigal, acata e respecta as resolucións xudiciais, como é obrigación nun estado de dereito”.

Ademais, neste comunicado, a Comunidade de Montes de Portela e Trigal afirma que “lamenta profundamente a situación que pode afectar aos traballadores de Irosa e Samaca, pero, en todo caso, a Comunidade de Montes non orixinou o problema ou conflito polos terreos” e expresa o seu desexo de “chegar a acordos coas empresas”.

Máis información:

https://osil.info/o-cluster-da-pizarra-e-aeva-lamentan-o-posible-desaloxo-de-3-empresas-da-lousa/

https://osil.info/a-alcaldesa-de-carballeda-de-valdeorras-sempre-estarei-do-lado-dos-traballadores-e-posibilitando-que-haxa-empresas/
https://osil.info/a-cig-asegura-que-imos-pelexar-pola-defensa-dos-300-empregos-nas-empresas-irosa-e-samaca/

Artigos relacionados

Back to top button