EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra e AEVA lamentan o posible desaloxo de 3 empresas da lousa

Veñen de emitir un comunicado no que tamén amosan a súa "solidariedade e apoio aos traballadores afectados"

Vista das parcelas onde están as naves afectadas.

 

O Clúster da Pizarra de Galicia e a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) veñen de emitir un comunicado no que manifestan o seu apoio conxunto aos traballadores que poderían verse afectados pola orde de lanzamento para desaloxar ás empresas Samaca, Irosa e a antiga Pizarras Trevinca dos terreos nos que se sitúan actualmente, no municipio de Carballeda de Valdeorras.

É unha “decisión xudicial que se produce a pedimento da Xunta de Montes de Portela-Trigal e que, de materializarse, deixaría sen emprego a unhas 300 persoas da comarca, o que incidiría negativamente na economía da zona resentindo, ademais, as vendas no comercio local”, sinalan dende estas dúas agrupacións que amosan “o seu total apoio aos empresarios afectados e cualifican de desproporcionada a reclamación exercida polos comuneiros da Xunta de Montes de Portela-Trigal”.

Ademais, ambas organizacións consideran “desafortunadas e inapropiadas” as declaracións efectuadas polo representante legal da comunidade aos medios de comunicación.

Máis información:

https://osil.info/a-comunidade-de-montes-de-portela-e-trigal-di-que-se-viu-na-obriga-de-reclamar-os-seus-dereitos-ante-os-tribunais/

https://osil.info/a-alcaldesa-de-carballeda-de-valdeorras-sempre-estarei-do-lado-dos-traballadores-e-posibilitando-que-haxa-empresas/

https://osil.info/a-cig-asegura-que-imos-pelexar-pola-defensa-dos-300-empregos-nas-empresas-irosa-e-samaca/

Artigos relacionados

Back to top button