CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os alumnos do Colexio Divina Pastora do Barco participan nunha plantación de árbores en Viloira

 

Son varias as actividade que, con motivo da celebración do Día da Árbore, levan a cabo dende o Distrito Forestal XII Valdeorras-Trives cos escolares. Primeiro foron as charlas divulgativas que os técnicos impartían a hai dúas semanas no CEIP Ramón Otero Pedrayo e no Colexio Divina Pastora, ambos os dous no Barco de Valdeorras, e agora tócalle o turno á repoboación.

Así, na mañá do luns 20 de marzo os alumnos do Divina Pastora participaban nunha plantación colectiva de árbores no Coutado, unha das zonas de Viloira afectadas polo incendio forestal do pasado verán.

Mañá serán os alumnos do Otero Pedrayo os que leven a cabo a plantación.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button