Un traballador autónomo recibía esta mañá un golpe dun touro cando ía mercar gando nunha explotación da Mezquita, segundo vén de informar o 112 Galicia. A persoa era evacuada ao Hospital de Verín cunha ferida aberta.
“O 112 Galicia recibiu información sobre o suceso pouco antes das nove desta mañá, cando o afectado dispoñíase a mercar gando nunha explotación gandeira de Chaguazoso. No momento de cargar o animal, un touro, este deulle un forte golpe que lle provocou unha ferida aberta. Por iso, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil”, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.
Finalmente, o ferido foi trasladado ao hospital para continuar o tratamento das lesións provocadas polo animal.