Unha persoas resultada ferida este mediodía ao caer dende o tellado dunha vivenda na localidade de Cádavos (A Mezquita). Os feitos sucederon minutos antes deste mediodía, segundo informa o 112 Galicia.
Pouco despois, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou aos xestores do 112 Galicia de que estaba a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Desde o 112 solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Protección Civil da Mezquita. A persoa ferida era evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, tal e como sinala o 112 Galicia.